A ocupación hoteleira rondou o 100% no Carballiño durante a Semana Santa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Carballiño voltou a converterse nun punto de referencia turístico do interior de Galicia durante a pasada Semana Santa, a pesares das inclemencias meteorolóxicas rexistradas, cun importante volumen de visitantes chegados de todo o Estado e unha ocupación hoteleira que prácticamente tivo completado o seu aforo total. Así o confirman os datos recollidos polo departamento de Turismo do Concello do Carballiño tanto na oficina de información da Alameda, que estivo aberta durante todo o periodo vacacional, coma nos diferentes establecementos do sector hostaleiro da vila.

Deste xeito, na oficina municipal de Turismo contabilizáronse ao redor de 200 consultas de visitantes chegados de diferentes puntos de Galicia e do resto do Estado. Concretamente, acudiron ata O Carballiño galegos de Pontevedra e A Coruña, e doutras comunidades autónomas coma Cantabria, País Vasco, Madrid, Aragón, Castilla-La Mancha e tamén das Illas Canarias e das Illas Baleares.

A nivel de ocupación, os aloxamentos nos hoteis da vila superaron o 70% das prazas disponibles e nalguns casos foi do 100% nesta pasada Semana Santa, tal e como subliñou o responsable da área de Turismo, Manuel Dacal. O concelleiro salientou a laboura desenvolta pola Confraría da Vera Cruz como promotora dunha programación relixiosa e de exaltación do patrimonio artístico que se mantén estable dende hai máis dunha década durante a Semana Santa.

Ademais do programa estrictamente relixioso, durante estas pasadas datas tamén foron destacables as actividades culturais, entre as que destacou a organización de “O Clownconcurso”, no que participaron compañías teatrais de España e Portugal, e o roteiro polas igrexas e capelas da vila promovido polo Centro de Estudios Chamoso Lamas.