O Conservatorio de Música do Carballiño recibirá 50.000 euros dos fondos de cooperación da Deputación de Ourense

Pleno ordinario correspondente ó mes de abril de 2025. Asisiten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); Cesar Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); José Miguel Pérez Blecua (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María del Carmen González Quintela (Deputada PPOU); José María Lago Cabo (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Emilio Luis Díaz Vidal (Deputado PSOE); Elvira Lama Fernández (Deputado PSOE); Diego Fernández Nogueira (Deputado PSOE); Susana Rodríguez Estévez (Deputado PSOE); Marina Vaz Quintillán (Deputada PSOE); Álvaro Vila Araujo (Deputado PSOE); Aurentino Alonso Araujo (Deputado PSOE); Antonio Fernández Martín (Deputado DO); Gonzalo Pérez Jácome (Deputado DO); Rafael Martínez Cachafeiro (Deputado DO); Bernardo Varela López (Deputado BNG), Xosé Manuel Puga González (Deputado BNG), María José Mangana Guede (Deputada BNG), Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense) e Juan Marquina (Secretario Deputación Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Deputación de Ourense aprobou hoxe, no pleno ordinario de abril, tres modificacións de crédito por importe de 41,5 millóns de euros que facilitarán o financiamento, por parte da institución provincial, de máis de 200 accións en cooperación cos concellos e a colaboración con máis dun cento de iniciativas de asociacións de todos os ámbitos da provincia, así como servizos, plans, programas e liñas de colaboración da Deputación ourensá con outras administracións.

COMERCIAL ORCELLÓN

A inxección de recursos aprobada hoxe divídese en 24,7 millóns para a prestación dos servizos e programas da Deputación de Ourense; 9,6 millóns,  para cooperación cos concellos; e 7,1 millóns para colaboración con entidades e mancomunidades. Entre estas axudas, destacan a asignación de 50.000 euros para cada un dos Conservatorios de Música do Carballiño e Ribadavia, así como a dotación doutros 80.000 euros, repartidos equitativamente, para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Avión e da capital do Ribeiro.

Asemade, no reparto destas cantidades a Deputación Provincial de Ourense tamén se destinan 165.000 euros ao Concello de Cenlle e outros 100.000 ao de Maside para a construcción de novos campos de fútbol.

Finalmente, a Corporación provincial posicionouse a favor dunha iniciativa sobre a explotación dos recursos naturais e minerais en Ourense, na que se esixe á Xunta de Galicia e ao Goberno central que a declaración de proxectos estratéxicos como o de Doade ou do Cenza leven aparelladas a posta en marcha de iniciativas empresariais e desenvolvemento rural en comarcas afectadas, co obxectivo de que teñan un impacto positivo sobre a comunidade local a explotación e posta en valor dos recursos naturais.

Tamén se solicita á Xunta de Galicia a que promova unha estratexia no desenvolvemento da minaría, a fin de que sexa sostible nas comarcas afectadas, partindo da declaración das materias primas esenciais como bens estratéxicos sometidos a control e aproveitamento público; e a modificación lexislativa para que nos proxectos mineiros haxa unha participación pública mínima do 20 %. Demándase tamén seguridade plena no aspecto medioambiental na fase construtiva e de explotación, con informes periódicos de situación, analíticas das augas e da afectación á flora e fauna.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------