Garda Civil e a Policía Nacional realizaron 663 dispositivos de control na provincia de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presidiu na mañá de hoxe unha nova xuntanza do Centro de Coordinación (CECOR) provincial na que se fixo balance das actuacións levadas a cabo polas forzas e corpos de seguridade na última semana para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia fronte a COVID-19. Na reunión, celebrada na Subdelegación do Goberno, participaron responsables da Garda Civil, da Policía Nacional, da Policía Autonómica, da Policía Local de Ourense e representantes da Subdelegación do Goberno e da Xunta de Galicia.

O subdelegado do Goberno informou de que a Policía Nacional e a Garda Civil despregaron na provincia de Ourense un total de 663 dispositivos de vixilancia dende o pasado 27 de xaneiro, data na que entraron en vigor as medidas sanitarias decretadas polo Goberno autonómico. Durante estes operativos, os axentes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado identificaron a 11.580 persoascontrolaron 8.641 vehículos e elevaron 251 propostas de sanción. Esta cifra supón que o 2,1% do total de persoas identificadas incorría nalgunha sanción relacionada coa normativa antiCovid.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, na reunión do CECOR acordouse establecer un reforzo dos dispositivos de control nas comarcas de A Limia, Verín e Ourense durante os días do Entroido para garantir o cumprimento das restricións de mobilidade e dos contactos sociais establecidas pola Xunta de Galicia. Neste sentido, Emilio González  incidiu na importancia de “non relaxar as normas establecidas para conter o virus da COVID-19 e restrinxir ao máximo os contactos sociais, así como seguir as indicacións facilitadas pola forzas e corpos de seguridade”. O subdelegado do Goberno tamén reiterou “a necesidade de que as ourensás e os ourensáns manteñan a responsabilidade individual para conseguir frear a incidencia da pandemia na provincia. O virus non ten idade e por iso instamos a todo o mundo a ser moi coidadoso no día a día”.

Por último, Emilio González  destacou “o esforzo e o traballo levados a cabo polos efectivos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, xunto coa Policía Autonómica e as Policías Locais, nun momento no que, ademais da seguridade cidadá, asumen a importante responsabilidade de asegurar o cumprimento das normas establecidas polas autoridades sanitarias para frear a expansión da COVID-19”.