O Carballiño acolleu esta mañá a ‘Xuntanza Galega de Espazo Común’ correspondente a este ano de 2025 e que estivo estructurada en mesas de traballo nas que participaron representantes doutras formacions políticas de Galicia. O voceiro de Espazo Común na Corporación carballiñesa, Adolfo Nogueira, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes, reunidos no salón de actos do Aparthotel Arenteiro.
Dende o partido que lidera Manuel ‘Pachi’ Vázquez salientan que “a ampla participación tanto de público como a calidade dos intervintes remataron por compoñer un acto de enorme valor para tentar cumplir cos obxectivos marcados pola dirección do partido: analizar a situación política da Galicia actual e futura, coñecer o punto de vista doutros partidos independentes e facer un diagnóstico sobre o camiño a seguir pola nosa formación”.
Deste xeito, constituíronse as mesas de traballo, intervindo na primeira Xosé Antonio Ventoso (exalcalde de Ribeira), Xosé Mosquera (histórico do galeguismo ourensán) José Juan Santos (de Unidade Local), Francisco Lorenzo (de Democracia Ourensana), Manuel Martínez (de Galicia Sempre) e Francisco Fraga (concelleiro de Espazo Común no Carballiño). “As conclusións foron altamente positivas e todos coincidiron nas virtudes e necesidade da existencia de formacións que planten cara ‘aos paros de sempre’ que arelan suprimir calquer tentativa de facerlles sombra”, apuntan dende Espazo Común
Nunha segunda mesa de traballo, representantes de Espazo Común das catro provincias, analizaron a situación actual e a folla de ruta para chegar cada día a máis galegos e ampliar as fronteiras coa presenza na meirande parte dos concellos de comunidade autónoma nas municipais do 2027.
Para pechar o acto, o presidente do partido, Pachi Vázquez, fixo unha intervención na que animou aos asistentes a traballar arreo, alonxándose dos modelos tradicionais e desgastados de formacións políticas que non son nin queren ser a resposta ao que a cidadanía precisa.
