O respecto polo contorno, protagonista da nova proposta de teatro para escolares de Afundación, E entón, un xardín en Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I Esta proposta de Paporrubio representarase os días 28 e 29 de abril no Auditorio Municipal de Ourense

I A Obra Social de ABANCA promove unha programación na que o lúdico se conxuga co fomento da sostibilidade a través dun contido de fortalecemento de valores e coñecemento

25.04.2025. Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o luns 28 e o martes 29 de abril, no Auditorio Municipal de Ourense, a proposta escénica para escolares E entón, un xardín, de Paporrubio, dirixida a público de infantil. Realizaranse dous pases diarios, ás 10.00 e ás 12.00 h, e asistirán máis de 2044 estudantes procedentes de 40 centros educativos de Ourense e localidades derredor.  

As imaxes da obra están dispoñibles aquí.

E entón, un xardín é unha peza de monicreques con música en directo. Unha comedia colorista e vitalista asentada na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe. Neste espectáculo, o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto: a necesidade dun latexar común co mundo natural.

As artes escénicas teñen unha especial relevancia dentro da programación para escolares que deseña cada curso o equipo da área educativa de Afundación co obxectivo de reforzar a formación que os estudantes reciben nas aulas. A programación está deseñada para promover unha educación en valores e competencias transversais potenciando o talento, a autonomía, a solidariedade, a creatividade, a autoestima ou o traballo en equipo. Neste sentido, as artes escénicas están consideradas como unha das ferramentas educativas máis útiles para estimular a capacidade de observación dos estudantes, posibilitar o diálogo e a reflexión, e desenvolver habilidades sociais.