Feijóo en Ourense

IES CHAMOSO LAMAS

Feijóo di que fronte ao PPdeG, que avoga pola unión e por seguir modernizando Galicia, hai un multipartito sen liderado e que busca a tensión

Sinala que a forma de facer política do PPdeG e de entender o país é a de estar ás ordes da maioría dos galegos

HIPER MASIDE

“A política ten que fuxir da confrontación e da desunión, e buscar un motivo de orgullo para celebrar a Democracia o próximo 5 de abril”, comezaba un encontro con membros do partido, donde as comarcas do Carballiño e do Ribeiro estaban representadas.

Insistía que “a nós interésanos unha forma de facer política que consiste en poñernos ás ordes da maioría dos galegos, que son os donos de Galicia e os que nos teñen que ditar o que temos que facer a partir de abril”.

Nun posible pacto con Ciudadanos “dáse conta do risco no que, neste momento, está Galicia para non mimetizar  un Goberno central que está, non soamente en mans do PSOE e de Podemos, senón en mans do independentismo catalán e vasco”.