A XXVI edición da Festa da Anguía de Castrelo de Miño trasladarase a dous restaurantes do Concello

A comisión de festas vén de publicar o cartel que dará conta da celebración da XXVI Festa da Anguía, que se celebrará nesta edición en colaboración coa hostelería local, debido ás restricións sanitarias vixentes e á situación derivada do coronavirus.

Publicidade

Despois de sopesar a conveniencia da festividade, os membros da comisión consideraron inviable a súa realización, pero sí unha desgustación de anguías fritas e de empanada de anguía en restaurantes do municipio, os días 5 e 6 de agosto. “Estivemos a barallar varias posibilidades para seguir promocionando o noso produto típico e a opción máis segura é que os días 5 e 6 de agosto, a veciñanza e a xente que nos visita poida comer as anguías nos restaurantes do concello, ao mesmo prezo que na celebración habitual, durante o mediodía e á noite”, engadiu Belén Vázquez, integrante da comisión.

Os locais participantes son Parrillada O Rincón e o Restaurante Parque Naútico. O prezo será de catro euros a ración de empanada e dez euros a ración de anguías. Para asistir ao evento gastronómico é necesario realizar reserva telefónica nos números de contacto de ditos establecementos.


Ademais, a comisión organizadora honrará á Virxe dás Neves o 5 de agosto, con misa solemne e procesión, acompañados da Charanga Europa que culminará cun concerto no campo da festa de Barral, cun aforo limitado e adaptado ás medidas de prevención do covid.


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO