Dende a directiva da Plataforma pola Defensa do Transporte Público do Carballiño emitiron varias peticións de reunións a diferentes autoridades. Por unha banda, piden ó subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Alonso, a reposición da ventá na estación do Carballiño, a reposición das liñas suspendidas e flexibilidade de horarios e a inversión do goberno na rede ferroviaria dentro dos presupostos do 2021.

En canto á carta remitida ó delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, piden unha nova xuntanza para revisar o proxecto da intermodal do Carballiño.

Por último, diríxense tamén a Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, para recordarlle que se comprometeu a reenviarlles o Plan de Transporte da Xunta de Galicia para O Carballiño e comarca para poder estudalo.