O obxectivo desta acción dinamizadora, que se desenvolve o martes 29 no Centro Cultural Marcos Valcárcel, é apoiar ás empresas ourensás no seu proceso de transformación
Ourense, 27 de abril de 2025.
A Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, que axuda a empresa e emprendedores da provincia na súa dixitalización, organiza este martes a acción dinamizadora “Nueva Factura Electrónica”, no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Esta actividade, enmarcada dentro do Proxecto AcelerOU, está orientada a autónomos, emprendedores e pequenas empresas que necesiten adaptarse ás novas obrigacións legais en materia de facturación electrónica.
Na sesión, abordaranse temas clave como o Programa Verifactu, as novas normativas e o papel do Kit Dixital no proceso de transformación.
Ignacio Fontaíña, de EVOLK Galicia, experto en transformación dixital empresarial, é o encargado de impartir a charla.
A entrada é libre e gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. Para máis información, os interesados poden contactar coa Oficina AceleraPyme da Deputación de Ourense, a través do teléfono 627 500 345, o correo acelerapyme.contacto@depourense.gal ou na propia web: https://acelerapyme.depourense.es
Esta actividade conta coa financiación da Unión Europea a través do programa NextGenerationEU e enmárcase na estratexia España Digital 2026.