Convocado o Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba, que alcanza a súa cuadraxésima sexta edición

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I Artigos xornalísticos de opinión ou de carácter literario competirán polo galardón, dotado con 10.000€ para o texto gañador e, como novidade nesta convocatoria, haberá dous segundos premios de 2.000 euros para os dous finalistas

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I Poden presentarse textos publicados en medios de comunicación entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025

02.05.2025. A nova convocatoria do galardón que desde fai case medio século distingue o mellor do xornalismo literario e de opinión, o Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba, xa está en marcha. A Obra Social de ABANCA, que promove o premio, abriu o prazo de recepción de candidaturas. Nesta edición, como novidade, aos 10.000€ que recibirá a autora ou o autor do artigo gañador, súmanselle senllos premios de 2.000€ cada un que recibirán os dous artigos finalistas.

O Premio Internacional Afundación de Periodismo Julio Camba alcanza este ano a súa cuadraxésima sexta edición. Na anterior, a participación incrementouse nun 80%: competiron 241 artigos literarios ou de opinión chegados desde 18 países. O texto «Madrid se viene abajo: vivir en el cuarto de las fregonas», publicado por Alberto Olmos en El Confidencial, foi o gañador. Resultaron finalistas senllos artigos das xornalistas Eileen Truax (México) e Natalia Junquera (España).

Artigos publicados antes do 31 de agosto

Na nova edición do galardón, poden participar artigos publicados entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025. O prazo de recepción de candidaturas pecharase o 10 de setembro de 2025. O formulario en liña a través do  que cada aspirante poderá rexistrar a súa candidatura está no sitio web de Afundación, onde tamén poden consultarse as bases da convocatoria.

O Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba volverá ter un xurado integrado por voces de prestixio do xornalismo e das letras. Antes de que remate 2025, o xurado fará unha primeira selección para designar 3 artigos como finalistas. O mesmo día no que se celebra a gala de entrega do premio, que terá lugar en Madrid a comezos de 2026, o xurado volverá a deliberar para decidir cal dos tres artigos resulta gañador. Inmediatamente despois procederase ao acto de entrega.

Os artigos participantes deberán ser publicados en medios de comunicación escritos, impresos ou dixitais, tales como periódicos ou revistas. O xurado traballará co mandato, establecido nas bases do premio, de valorar os artigos, conforme a criterios de calidade e creatividade e a súa aposta pola promoción de valores cívicos e éticos que contribúan don o desenvolvemento de sociedades máis informadas, críticas e responsables. Non poderán presentarse textos publicados en bitácoras ou blogs de carácter individual ou en soportes de comunicación corporativos.

Un premio cunha gran historia

O Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba é, pola súa traxectoria e dotación, un dos máis importantes do ámbito do xornalismo en español. Desde que o xornalista Gonzalo Fernández de la Mora gañou a súa primeira edición, en 1980 e cun xurado presidido polo escritor Gonzalo Torrente Ballester, mereceron o galardón artigos de xornalistas como Luciano del Río Besada, Carlos García Bayón, Alfredo Conde, Bernardo Víctor Carande, Antonio Odriozola, Raimundo García Fernández, Adolfo Prego, José Montero Alonso, Rafael Landín Carrasco, Julio Sierra, Xesús Ferro Ruibal, Arturo Lezcano Fernández, Santiago Castelo, Torcuato Luca de Tena, Carlos Casares, Miguel Ángel Cuadrado, Juan Manuel de Prada Blanco, Diego Bernal López, Alfonso Eire López, César Casal González, Miguel Suárez Abel, Manuel Rivas Barros, Manuel Jabois, Marino Gómez Santos, Eugenio Fuente, Fernando Savater, Felipe Benítez Reyes, Andrés Trapiello, Pedro Ugarte Tamayo, Ángela Vallvey Arévalo, Ramón Pernas López, José Manuel Otero Lastres, Ángeles Caso, Luis Ventoso, Ignacio Camacho, Ramón Loureiro Calvo, Miguel Anxo Murado, Ricardo Fernández Colmenero, Cristina Sánchez Andrade, Luís Pousa, Bibiana Candia, Manuel de Lorenzo Paradela, María Sánchez e Alberto Olmos.

JULIO CAMBA

Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884 – Madrid, 1962) pertence á estirpe dos grandes escritores que desenvolveron boa parte da súa actividade nos xornais, do mesmo xeito que Wenceslao Fernández Flórez, Josep Pla, Azorín, Álvaro Cunqueiro, Max Aub… Personaxe de biografía viaxeira, correspondente en distintos países, autor de espírito libre e talante liberal, a súa obra foi recollida en diversos volumes e é estudada tanto nas facultades de Literatura como de Xornalismo. Entre os seus títulos máis coñecidos destacan Haciendo la República (1934), Aventuras de una peseta (1942), La ciudad automática (1942), Alemania, impresiones de un español (1947), La rana viajera (1947), Un año en el otro mundo (1959), La casa de Lúculo o el arte de comer (1961), etc. A súa obra caracterízase pola imaxinación e o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura ao lector con intelixencia e extraordinaria eficacia, valores que se procuran mediante a convocatoria deste premio.