O carballiñés Alex García asinou en Lousada a súa primeira vitoria absoluta na categoría Elite e Sub-23

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O piloto carballiñés Alex García (Mondraker Factory Racing XC) segue deixando pegada no mountain bike internacional. A pasada fin de semana, na terceira proba puntuable da Taça de Portugal, celebrada en Lousada, o mozo corredor non só alzouse coa vitoria na categoría sub-23, senón que tamén dominou na elite masculina, logrando así a súa primeira vitoria absoluta no circuíto internacional.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Cun tempo de 1h28:53, García superou por 30 segundos ao portugués João Cruz, segundo clasificado, demostrando o seu gran estado de forma ás súas apenas 18 anos. Este triunfo chega pouco despois da súa incorporación ao equipo Mondraker Factory Racing para competir na Copa do Mundo XCO, consolidándose como unha das promesas máis sólidas do mountain bike español.

Outros destacados galegos na proba
Na mesma carreira, o macedense Saúl López (Academia Postal Maceda) tivo unha actuación destacada, remontando posicións para terminar nun meritorio noveno posto, o que lle achega valiosos puntos para o clasificación UCI. Mentres, en categoría júnior, Marcos Rodríguez finalizou sexto, mostrando tamén o seu potencial.

Victoria galega en Samieira
Fóra de Portugal, o mountain bike galego tamén celebrou éxitos. Iván Feijoo impúxose na proba da Copa Galicia disputada en Samieira, reafirmando o seu dominio no ámbito autonómico.

Con estes resultados, os corredores ourensáns e galegos seguen demostrando o seu talento, tanto no panorama nacional como internacional, deixando claro que a canteira galega de mountain bike está máis viva que nunca.

NOTA DA FEDERACION PORTUGUESA DE CICLISMO

Já entre a elite masculina triunfou o jovem espanhol Alejandro García, ainda sub-23, tendo vencido nas duas categorias. O atleta da Mondraker Factory Racing XC completou o percurso em 1h28m53s, menos 30 segundos que João Cruz, segundo classificado, e menos 47 que Ricardo Marinheiro (Clube BTT Matosinhos), terceiro.

https://www.fpciclismo.pt/noticia/ana-santos-e-alejandro-garcia-destacam-se-em-lousada?fbclid=IwY2xjawKB7O5leHRuA2FlbQIxMABicmlkETBvR0wxeHJCb0dIQ2l5WFJpAR4eqKFWPxq1vKbbyR9mPgDcWrcPBA9pbPpEgS6tJnKcRS1yJMAP0l3uzbbmug_aem_cpO3goGlkmjfLy_jgA7UVQ