Catro centros de ensino da provincia celebran este venres o ‘Día do Libro’ na Ínsua dos Poetas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Ínsua dos Poetas, situada na parroquia carballiñesa de Madarnás, voltará a converterse este vindeiro venres, 9 de maio, no epicentro cultural de Ourense con motivo da celebración do ‘Día do Libro’ e do ‘Ano Castelao’, cun protagonismo especial para o estudantado de diferentes centros de ensino da provincia.

Así, dende as 11,00 horas levarase a cabo un programa de actividades, aberto a toda a cidadanía, no que participarán alumnas e alumnos dos Institutos de Ensino Secundario (IES) Otero Pedrayo, da capital ourensá; Celso Emilio Ferreiro, de Celanova, e Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia, ademais dos estudantes do colexio público Virxe dos Remedios, de Castro Caldelas.

Nesta xornada faráse entrega dos premios do certame escolar sobre Castelao, e tamén se organizará un roteiro guiado, para que o estudantado participante poida coñecer os elementos escultóricos adicados a persoeiros da cultura galega que están ubicados nesta paraxe natural da Ínsua dos Poetas.