Espazo Común culpa ao goberno municipal de ter bloqueada a reforma urbanística para o novo Centro de Saúde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común vén de alertar sobre o retraso que se está a evidenciar para a construcción do novo Centro de Saúde na actual estación de autobuses do Carballiño, que achacan a falta de resposta por parte do equipo de goberno de PSOE e PP a un requerimento da Dirección Xeral de Urbanismo da Xunta.

Dende Espazo Común lembran que no 2019 aprobábase en Pleno unha proposta de esta formación política para “traballar na construción dun novo edificio sanitario para o noso pobo, ante as carencias que presenta o actual despois de 40 anos de funcionamento”, un proxecto para o que no 2021 comprometera co alcalde, Francisco Fumega, o finanzamento necesario o entón presidente da Xunta, Núñez Feijóo.

“Nese impás houbo un intenso debate sobre a ubicación desta obra e PP e PSOE acordaron, disque a causa da présa para non perder a financiación, enterralo na parcela que ocupa actualmente a estación de autobuses”, apuntan dende o partido que lidera Manuel Vázquez. Engaden que, en agosto do 2022, “asinouse por parte do conselleiro de Sanidade e o alcaldeo o convenio que, en teoría, puña en marcha todo o necesario para converter en realidade esta necesidade”.

O único requisito era a aprobación dunha modificación urbanística para cambiar o actual uso dotacional da estación de autobuses de transportes, “un proceso que non debería ir máis aló duns meses e que leva camiño de eternizarse”, subliñan dende Espazo Común. Ao respecto, indican que “agora vimos de saber que despois dun requerimento do Servizo de Urbanismo para dar autorización á modificación ao que o Concello leva tres meses sen respostar, é a causa polo que o expediente segue no caixón agardando a que aos responsables lles dea por traballar un chisco”.