Luis Menor reafirma o compromiso coa reconstrución da Ponte de Barxa, en O Bolo, obra á que a Deputación destina máis de 150.000 euros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial aclarou, ante preguntas dos medios de comunicación, a aportación da institución ourensá ao proxecto, financiando o 20% do custe total

Ourense, 8 de maio de 2025.

O presidente provincial, Luis Menor, reafirmou hoxe en Valdeorras o compromiso da Deputación de Ourense coa reconstrución da Ponte de Barxa sobre o río Xares, no Concello de O Bolo, obras para as que a institución ourensá aprobou recentemente unha subvención nominativa de 132.000 euros ao citado concello. Ademais, a Deputación asumiu o pago da redacción do proxecto, así como a súa posterior modificación, por un importe total de 18.150 euros. En total, 150.150 euros de orzamento da Deputación para esta infraestrutura.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Menor lembrou este compromiso provincial ante as preguntas dos medios de comunicación, tralas últimas informacións publicadas nas que erroneamente representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e do propio Concello de O Bolo aseguran que a Deputación non se fixo cargo das actuacións.

O presidente provincial lembrou ademais o convenio bianual establecido entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para acometer a totalidade das obras que, posteriormente, foron asumidas no 80% dos custes pola CHMS. Porén, 0 20% restante que correspondería asumir ao Concello de O Bolo, é asumido pola Deputación de Ourense grazas a esa financiación de 132.000 euros, acordada na xunta de goberno do pasado 21 de abril de 2025.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------