As e os socialistas esixen que o goberno de Jácome remita urxentemente a documentación que reclama o ministerio de facenda para reducir a morosidade do concello de Ourense

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

“O PMP na nosa cidade excede sempre o límite legal establecido nun máximo de 30 días”, destaca, sobre uns prazos que algunhas épocas chega a triplicar ese tope, a edil do PSdeG María Fernández Ojea

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sinala a edil do PSdeG como principais orixes desta problemática a “ausencia de xestión política” e o feito de que “todos os grandes contratos do Concello permanecen en precario” contribuíndo a ralentizar o proceso de tramitación das facturas e a que a Administración non estea a “funcionar con normalidade”

Ourense, 9 de maio de 2025. “Hoxe coñeciamos que o Concello de Ourense aparece na listaxe de Administracións locais de España obrigadas a adherirse ao mecanismo estatal de pago a provedores. E aparece nesta listaxe na que só hai unha trintena de concellos polo elevado índice de morosidade que, por outra banda, levamos denunciando os últimos dous anos de mandato”, explica a edil do PSdeG María Fernández Ojea.

A última vez foi no mes de setembro do ano pasado cando as e os edís do grupo municipal socialista xa pedían, en rolda de prensa, que o Concello de Ourense reducise o Periodo Medio de Pago (PMP) a provedores e saldase parte das súas débedas seguindo o procedemento do mecanismo estatal que habilita crédito para elo se as administracións locais que o precisan.

Neste senso, destaca que reclamaron en reiteradas ocasións que o goberno de Gonzalo Pérez Jácome establecese un plan de pago a provedores ante a ausencia de orzamento e a gran cantidade de persoas que realizaban algún traballo para o Concello e tardaban meses en cobrar. “O PMP na nosa cidade excede sempre o límite legal establecido nun máximo de 30 días”, destaca sobre uns prazos que algunhas épocas chega a triplicar ese tope, sen ter en conta todas as facturas que aínda están sen tramitar.

Así mesmo, sinala a edil do PSdeG como principais orixes desta problemática a “ausencia de xestión política” e o feito de que “todos os grandes contratos do Concello permanecen en precario” contribuíndo a ralentizar o proceso de tramitación das facturas e a que a Administración non estea a “funcionar con normalidade”.

“Agora ben, o Goberno de España, que si realiza o seu traballo, vai facilitar que polo menos as empresas que se atopen nesa listaxe de facturas que suman máis de 10,5 millóns de euros poidan cobrar no mes de xuño. E dende o grupo municipal socialista pedimos que o executivo local sexa quen de remitir a documentación que o Ministerio de Facenda esixe e responda aos requerimentos do mesmo”, demanda Fernández Ojea.

“Esta é unha boa nova para aqueles acredores que ten o Concello de Ourense que se inclúan na listaxe porque poderán cobrar antes de xuño. E, ademais, liberar esa débeda facilita facer fronte a outras facturas que non se atopen aí recoñecidas”, subliña a socialista.

Remata, por outra banda, esixindo que o executivo de DO deixe de xestionar a base de improvisacións que sumen no caos á terceira urbe de Galicia. “Os que pagan a ineficiencia do rexedor e o seu equipo son os e as veciñas, os e as empresarias que teñen facturas pendentes dende hai máis de 100 días provocando, a súa vez, que a imaxe institucional da Administración se vexa deteriorada”, remata contundente.

Enviamos enlace ao audio con declaracións da edil do PSdeG no Concello de Ourense María Fernández:

https://drive.google.com/file/d/1CcNg4jB3aNDo9KEPbEduVmY-5R9WsJ5Q/view?usp=sharing