O Concello de Ribadavia continúa a reforzar o seu compromiso coa mocidade e o desenvolvemento local a través da posta en marcha do proxecto europeo Crafting Futures – Capacitar a os mozos mediante técnicas tradicionais (CrafTS). Esta iniciativa, financiada polo programa Erasmus+ da Comisión Europea a través do “Instituto de la Juventud de España, Ministerio de Juventud y Infancia”, por la que se concede una ayuda por de 60.000 no marco da Acción Clave 2. – “Small-scale partnerships in youth (KA210-YOU”, do capítulo de Xuventude do Programa Erasmus+, ten como obxectivo principal ofrecer novas oportunidades formativas e laborais a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego, a través da recuperación e modernización de oficios tradicionais.
O proxecto, que está liderado polo propio Concello de Ribadavia, desenvolverase en colaboración con entidades nacionais e internacionais de referencia, como Formative Footprint (FF), en España; a organización portuguesa Wise Planet; e “Studio GDAC Avvocati Associatia”, de Italia. A cooperación entre estes socios permitirá compartir boas prácticas, crear materiais formativos innovadores e organizar actividades prácticas que conecten á mocidade coa tradición artesanal desde unha perspectiva actualizada e dixital.
Durante a duración do proxecto, que se estenderá ata ben entrado o ano 2026, está prevista a realización de obradoiros e feiras en diferentes territorios europeos, nos que participarán mestres artesáns e profesionais dos oficios tradicionais como formadores. Estas actividades estarán dirixidas a un total de 160 mozos e mozas, centrado especialmente en aqueles que non estudan, non traballan e tampouco están a recibir formación. A selección das persoas participantes realizarase a través de convocatorias públicas, priorizando o acceso de persoas procedentes de contornas rurais, con dificultades económicas ou con interese en adquirir competencias en oficios tradicionais e ferramentas dixitais.
Ademais de ofrecer formación práctica, Crafting Futures aspira a fortalecer o tecido económico local mediante o impulso dunha economía circular e sostible baseada na artesanía. O proxecto tamén inclúe campañas de sensibilización, a produción dunha guía formativa en comunicación dixital e a elaboración de materiais divulgativos que fomenten o uso de ferramentas dixitais no sector artesanal.
Esta iniciativa supón unha oportunidade única para Ribadavia, non só pola súa implicación como entidade coordinadora, senón tamén polo impacto directo que terá na mocidade, nas pequenas empresas do sector cultural e artesanal, e no propio territorio, tratando de contribuír á creación de emprego, á valorización do patrimonio inmaterial e á revitalización das zonas rurais.
Polo de agora podemos confirmar a primeira das actividades locais organizadas polo Concello de Ribadavia que terá lugaro vindeiro sábado, 17 de maio, dentro da programación da feira REVIVE, que consistirá, ás 17,00 horas, na presentación do proxecto internacional de Erasmus + ” CrafTS, e un obradoiro de construcción dun pandeiro vegano para infancia, impartido por “Troula impartido por unha maestra artesana de Ventosela- Ribadavia”. Actividade con aforo limitado e inscrición previa.