A Xunta habilitará a solicitude de renovación de receitas a través da aplicación SergasMóbil

Cropped shot of shelves in a pharmacy

O conselleiro de Sanidade avanzou hoxe na súa comparecencia ante o pleno do Parlamento de Galicia varias medidas de impacto para simplificar os trámites entre a cidadanía e o persoal sanitario e alixeirar así a carga burocrática en atención primaria.

En primeiro lugar, García Comesaña avanzou a intención da Xunta de desenvolver a aplicación SergasMóbil para que xere alertas para o paciente no momento no que se aproxime a caducidade da súa receita e lle permita solicitar a través da propia aplicación, ou desde a oficina de farmacia, esa renovación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o persoal médico e farmacéutico recibirá esa notificación de solicitude no seu sistema de historia clínica electrónica e, no caso de valorar que a renovación procede sen necesidade de revisión física, poderá autorizala de xeito telemático.

Este sistema permitirá aforrar desprazamentos, trámites e complicacións tanto á cidadanía como ao persoal sanitario sen descoidar en ningún momento o coidado da saúde da cidadanía.

En segundo termo, o conselleiro anunciou a constitución inmediata de inmediato un grupo de traballo para deseñar un sistema que automatice a xestión das baixas derivadas dunha atención hospitalaria, co obxectivo de evitar ao paciente e ao persoal de primaria innecesarias citas para tramitar unha baixa que vén xa indicada polo propio persoal hospitalario tras unha intervención ou unha atención urxente.

Durante a súa comparecencia, Comesaña enumerou o conxunto de avances e melloras posta en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de acadar unha xestión máis eficiente nos servizos de atención primaria do Sergas. Lembrou que, a peche de setembro, a atención primaria galega leva atendidas máis de 22 millóns de consultas, das cales máis de 11 millóns e medio corresponden ao persoal de medicina de familia.

Nun contexto de falta de profesionais médicos a nivel nacional, e co ánimo de alixeirar a carga de traballo dos facultativos, lembrou a ampliación das prazas e das capacidades do persoal de enfermería e farmacia de atención primaria; co obxectivo de que podan asumir funcións ata agora reservadas só ao persoal médico.

No que se refire á potenciación das capacidade do persoal de enfermería, puxo en valor a instrución que permite agora a este persoal realizar o seguimento dos pacientes con tratamento anticoagulante oral e que supuxo que no que vai de ano foran asumidas pola enfermaría máis de 100.000 consultas por este motivo que antes se dirixían ao médico.

Para avanzar nesta liña, o conselleiro anunciou que, desde o presente mes de outubro e ata finalizar o ano, se aprobarán preto de 40 novos protocolos de enfermaría de práctica avanzada, para que os profesionais desta especialidade poidan resolver dun xeito autónomo consultas vencelladas con patoloxías que non requiran de presenza médica.