Ribeiro en Común solicita que o Concello de Ribadavia volte a colaborar económicamente cos regantes de Francelos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ribeiro en Común tivo coñecemento do malestar que existe en Francelos polo desprezo do alcalde de Ribadavia contra os veciños que pertencen á ‘levada’ veciñal, e que esta pasada fin de semana mantiveron unha xuntanza. Según o voceiro desta formación política, Brais Fidalgo, á comunidadede regantes desta parroquia de Ribadavia “non só se lles retirou unha subvención de 3.000 euros, senón que o desprezo foi total mesmo na colaboración con material, gasolina e funxibles necesarios para a labor”.

Por todo isto, Brais Fidalgo defenderá unha moción no vindeiro Pleno na que se pide que o Concello volva a colaborar coa levada, xa que no pasado mandato, á iniciativa súa, creouse unha partida no orzamento municipal para colaborar coa levada de Francelos, e que son incomprensibles as razóns polas que o PP a eliminou.

Ribeiro en Común demanda que o goberno municipal recoñeza o valor da comunidade regante de Francelos, e da asociación que a xestiona. A coñecida como levada ten unha enorme importancia social na parroquia, e supón un enorme aforro ecolóxico e económico no ciclo da auga do noso municipio.

“Por parte dos veciños regantes o malestar é moi grande. A subvención creada era destinada a sufragar unha parte do mantemento mínimo e da realización de melloras no regadío, que é mantido de maneira desinteresada e a base de moito traballo voluntario dos veciños, sen participación do Concello”, asegura Fidalgo. E engade que “pero quizais a molestia maior está orixinada no desprezo do alcalde e do goberno local cara a comunidade de regantes de Francelos e a súa importante labor”.

Por todo elo, Ribeiro en Común vén de presentar unha moción solicitando que o Concello de Ribadavia recoñeza a labor e valor importante da comunidade de regantes, “e, en consecuencia, volva a recoñecerelle a colaboración económica que existía con esta asociación de Francelos”.

Asemade, tamén se pide a aprobación dunha modificación orzamentaria para recoñecerlle a axuda para este ano 2025, e se volva a crear no orzamento municipal unha partida para a asociación de regantes de Francelos.