O Potiños celebrou a súa xornada aberta “Pon unha foto na rúa” deste 2025

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A tradicional conmemoración do Día dos Museos que leva a cabo tódolos anos a asociación ‘O Potiños’ converteu hoxe á Praza Maior do Carballiño nun improvisado estudio fotográfico para celebrar un ano máis “Pon unha foto na rúa”, nesta ocasión cunha lembranza especial de Gabriel Alonso, cuxo alcume dálle nome a este colectivo de afeccionados ao mundo da fotografía.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os fotógrafos deste colectivo e outros chegados dende diferentes localidades de Galicia estiveron retratando a calquera persoa que pasara por alí e desexase quedar inmortalizado polas cámaras. Coas imaxes obtidas, ‘O Potiños’ organizará unha exposición e logo fará entrega delas á cidadanía que quedou ‘retratada’.

Coma novidade, e a xeito de homenaxe ao fotógrafo Gabriel Alonso, ‘O Potiños’, os integrantes deste colectivo colocaron unhas lonas e cartaces semellantes ás que él utilizaba a mediados do século pasado como decorados figurados para facer os retratos da xente na propia rúa. O Concello do Carballiño, a Deputación Provincial de Ourense e o Centro Comercial Aberto (CCA) prestan a súa colaboración para organizar esta actividade que xa está consolidada no tempo, incluída na programación de O Potiños para este 2025 e que rematará co Arenteiro Fotográfico.