Espazo Común vén de remitir ás direccións políticas do PSOE de Santiago e de Madrid o documento coa moción que este grupo municipal presentou para o seu debate mañá polo Pleno da Corporación do Carballiño, e na se solicita que tódolos partidos deixen clara a súa postura sobre o Pacto Antitransfuguismo. O obxectivo do envío do documento coa proposta “é que a organización do PSOE determine dunha vez cal é a situación legal do alcalde carballiñés”.
Dende Espazo Común lembran que “este Pacto, asinado pola meirande parte das forzas políticas do país, naceu para evitar cambalaches, compra de vontades e actos de funambulismo co poder de fondo”, e en cuxo texto contñemplase que “Aos efectos do presente Acordo, enténdese por tránsfuga aos e ás representantes locais, autonómicos e estatais que, traizoando ao suxeito político (partidos políticos, coalicións ou agrupacións de electores) que os e as presentou ás correspondentes eleccións, abandoaran o mesmo, teñan sido expulsados ou se aparten do criterio fixado polos seus órganos competentes”.
Así, entenden que “non hai dúbida algunha de que despois de que o PsdeG-PSOE anunciara publicamente que non autorizou nin autoriza este acordo e a expulsión do alcalde Francisco Fumega do partido, este incorre claramente na condición de tránsfuga.