
Expourense acolleu esta mañá o “XVIII Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables”, que estivo centrado un ano máis na presentación de casos de éxito en Arquitectura Sostible e Geotermia realizados en España, Portugal e Alemaña. Tamén se analizou o cambio de papel do tradicional consumidor de enerxía ao simultáneo consumidor + produtor de enerxía renovables a través de axudas como as facilitadas polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e explicadas ou a través da creación das denominadas Comunidades Enerxéticas implantadas na provincia de Ourense a través do proxecto Comenerg que, financiado por Fondos Feder, está a ser implantado, a través da Deputación Provincial de Ourense en 17 concellos ourensáns.
Tal e como explicou o deputado provincial de Enerxías, José María Cabo, a comunidade enerxética máis avanzada é a da Peroxa que se espera que estea a funcionar xa ao longo de leste mesmo ano. Esta xornada estivo dirixida aos profesionais da edificación, arquitectos, enxeñeiros e instaladores e contou coa presenza de 60 asistentes procedentes de distintos puntos de Galicia e de Portugal. Os nove relatores do programa foron destacados arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes mundiais en arquitectura sostible en países como España, Polonia, Alemaña e Portugal. Con 18 anos de traxectoria, o Simposio Internacional sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética posicionouse xa como un foro especializado en Arquitectura Sostible que convoca cada ano a profesionais do sector de toda Galicia dada a traxectoria e prestixio dos relatores que participan cada ano e a transcendencia das obras que realizaron.
O XVIII Simposio sobre Enerxías Renovables estivo organizado unha vez máis por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Investigación Geotérmica e contou co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e da Deputación Provincial de Ourense. Programa Como é habitual, a geotermia foi tamén un dos temas abordados neste simposio e nesta edición foi o tema de apertura. Os enxeñeiros polacos Hubert Wolski e Michał Szczytowski da empresa internacional sueca MuoviTech Group, que é unha referencia internacional en equipamento para geotermia, fixeron unha presentación das “Solucións tecnolóxicas para a arquitectura sostible en Europa”. Esta empresa conta con sede en distintos países, tamén en España. O especialista en redes térmicas urbanas, Edgar Grundmann (Alemaña) falou sobre a Distribución de quinta xeración: Calefacción e refrixeración de barrio intelixente poñendo como exemplo a cidade alemá de Troisdorf na que se creo un gran anel hidráulico produtos de enerxía ao que se van conectando os distintos barrios.
Este programa incluíu tamén a presentación das Liñas de Axuda do INEGA en eficiencia enerxética e enerxías renovables que foron presentadas polo Director Xeral de Planificación Enerxética e Minas e Director do Instituto Enerxético de Galicia da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Pablo Fernández Vila. Destacou que “en Galicia case o 85% da enerxía xerada provén de fontes renovables” e animou aos asistentes para seguir traballando para que esta Comunidade siga liderando o proceso de transición.
O resto de relatorios incluíron a presentación de distintos casos de éxito de edificacións sostibles en distintos puntos de Europa. Empezando pola nosa provincia, o arquitecto galego Quico Jorreto presentou tres casos de éxito premiados na aplicación da arquitectura sostible: a Vivenda Modular Automonta situada en Laias-Cenlle (Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia 2019); a PassivHaus Celanova (Premio GDA 2022 e – 2023 – Premio Galego de arquitectura en sustentabilidade) e o Edificio de vivendas Expósito Alfonso (Rúa Progreso 57-59 – Ourense). Outro dos casos de éxito de Arquitectura Sostible en España foi o presentado polo Director do Departamento de Mecánicas, EFINSTAL (Madrid, España), José Pedro Cantador, que explicou a rehabilitación enerxética realizada no Gran Hotel Claridge 5* situado en Granada, de próxima apertura e na que tamén traballa a empresa Ingeo.
Outro dos casos de éxito a analizar foi o novo espazo do Museo da Mutua Madrileña na Praza de España en Madrid. Esta presentación correu a cargo da Arquitecta experta en eficiencia enerxética, Marta Serrano, e da Responsable de Investimentos Inmobiliarios de Mutua Madrileña, Marta Guillén. O caso de éxito internacional en arquitectura sostible desta edición foi o presentado polo representante de SolidBunkers, Rui Ribeiro (Portugal) que falou sobre Vivendas Resilientes e Sostibles, “Unha Nova Era na Construción con Protección Total”. Trátase do primeiro bunker sostible con protección integrada contra ameazas nucleares, biolóxicas, ambientais, electromagnéticas e de gas radon. Trátase dunha patente que sue presentada en exclusiva a nivel mundial no marco desta xornada.
O XVIII Simposio sobre Enerxías Renovables estivo organizado unha vez máis por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Investigación Geotérmica e contou co apoio do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e da Deputación Provincial de Ourense.