O Carballiño sobe un caso ata os 11 contaxiados, O Irixo mantén 4 casos e Cea un so contaxio

A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 16. A evolución mantense pendente dos casos do Carballiño, O Irixo e San Cristovo de Cea.

Publicidade

O Carballiño sobe un caso para contar hoxe con 11 casos activos. O Irixo mantén hoxe un total de 4 positivos. Recordamos que O Irixo presentou un brote familiar que se incrementou ata as 9 persoas afectadas logo da celebración dun cribado poboacional. San Cristovo de Cea, ata o de agora sen casos activos, mantén hoxe un positivo detectado na xornada de onte.

E os demais concellos,  Boborás, Maside, Beariz, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.