A segunda quenda do ciclo ‘Feito no Carballiño’ será hoxe para Maximino, máis coñecido como ‘Mino’, un cantautor que fará parada na súa vila natal para ofrecer un variado repertorio de música pop e rock.
A cita terá lugar na Praza Maior do Carballiño a partir das 20,30 horas, e Mino estará acompañado polo mestre guitarrista Alfonso Aydillo, integrando así un eventual dúo que con toda seguridade fará as delicias do público asistente.
Dende a Concellería de Cultura, organizadora deste programa, convidan a presenciar esta actuación no epicentro do casco urbano, no que Maximino interpretará tanto melodías compostas por él mesmo como versións de temas clásicos e lexendarios do pop e do rock mundial.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















