Un dos puntos máis relevantes da orde do día do pleno celebrado onte xoves pola Corporación do Carballiño era a moción presentada por Espazo Común para que tódolos grupos políticos amosaras a súa posición sobre o transfuguismo. A intención era por riba da mesa quén respecta e quén non o Pacto Antitransfuguismo asinado por case tódolos partidos políticos para evitar prácticas moi dubidosas no ámbito das administracións.
O grupo municipal de Espazo Común lembra que “dende hai case un ano, PP e PSOE gobernan despois dun pacto que foi públicamente desautorizado polo PSOE e que derivou na expulsión do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega. Dado que o rexedor se viu na obriga de abandonar a sesión para acudir a unha cita médica, “ante esta situación e a imposibilidade de debater co principal protagonista desta situación que tanto dano está a facer á imaxe do Carballiño, o voceiro de Espazo Común, Adolfo Nogueira, anunciou a retirada da moción e a intención de solicitar un pleno extraordinario monográfico”.
Unha solicitude que hoxe rexistrou esta formación política, confiando no compromiso de Fumega de convocar a sesión plenaria canto antes.