Rematou a Liga Carroza 2025 ca final de Copa entre Vinoteca Abadía e Alumimas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este pasado viernes disputouse a final da COPA Carroza do Carballiño, entre Vinoteca Abadía e Alumimas, que gañaron estos últimos por terceiro ano consecutivo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
Entrega de premio ao equipo campión de Copa: Alumimas

O Campión de LIGA tamén foi Alumimas, sendo segundos Vinoteca Abadía e Pub Deluxe terceiros.

Entrega de premio ao equipo campión de Liga: Alumimas
Entrega de premio ao equipo subcampión de Liga: Vinoteca Abadía

O cuarto lugar foi para Parrillada Os Amigos, sendo quintos Barreras de Seguridad, sextos Hijos del Tubos e séptimos Carrozas.

Utrero de Alumimas con 28 tantos foi o máximo goleador mentras que o seu compañeiro Santi foi o menos goleado con 18.

Utrero de Alumimas con 28 tantos máximo goleador
Santi de Alumimas o menos goleado con 18.

Na entrega de premios estuvo presente José Castro (Pepe), Concelleiro de Deportes e Teniente de Alcalde do Concello do Carballiño, entregando os trofeos aos premiados.

Este acto finaliza con unha etapa de 17 anos como responsables Rodrigo Glez, Alfonso Bernández Freire e Jose Manuel Vazquez . Organizando esta competición dende a tempada 2007-2008, esta LIGA CARROZA queda en mans dos responsables dos equipos que, xunto co Concello do Carballiño, tentarán que a vindeira tempada se celebre un ano máis a competición.

O tenente Alcalde Pepe Castro entregando premio de recoñecemento a Rodrigo e Alfonso
Pepe Castro con José Manuel

Foron 17 anos moi felices coa participación de en algún caso 14 equipos, máis de 140 xogadores en varias tempadas e, dende 2010 con premios a todos os equipos, incluido o de equipo máis deportivo.

A Organización sainte, da as grazas a toda a prensa, colectivos, empresas patrocinadoras dos equipos, á Fundación de Fútbol Sala Galego e persoalmente a Manolo Dacal, Rodrigo González, Silvia Baranda e José Castro pola súa implicación como concelleiros durante estes anos, así como aos traballadores da área de Deportes do Concello do Carballiño, Claudio, Virginia e Victor, que sempre estiveron pendentes de axudar no que poideron á Directiva da Liga.

Un cariño especial tamén aos árbitros que durante todos estos anos aguantaron as veces malas contestacións dalgún que outro xogador.

PUBLICIDADE