Avión conta cun nutrido grupo de habitantes que noutrora emigraron a México e que agora regresan cos seus descendentes cada verán. A festa é unha homenaxe dos aviónses aos seus familiares do outro lado da charca. Este ano terá lugar o venres 9 de agosto.
Esta festa xurdiu como homenaxe a México, principal país receptor dos veciños deste concello ourensán. Cada ano, na época estival, ten lugar esta celebración na que centos de persoas se reúnen para gozar de actuacións musicais de mariachis e degustar deliciosas propostas culinarias deste país centroamericano, elaboradas polos mellores restaurantes mexicanos de Galicia.
A festa celebrouse na Praza da Igrexa e comezou ás 17.00 horas coa degustación de tacos e petiscos mexicanos e ás 18.00 horas houbo actividades gratuítas para os máis pequenos. Os presentes desfrutaron de música en directo dun grupo de mariachis.