Julio Calvo e José Moleiro exporán a enerxía das súas pinturas do 1 ao 16 de agosto no Auditorio do Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dous artistas carballiñeses, Julio Calvo e José Moleiro, amosarán nunha exposición conxunta as súas creacións pictóricas no Auditorio Manuel María da vila do Arenteiro. Unha mostra que abrirá as súas portas o vindeiro sábado 1 de agosto, ás 12,00 horas, e que permanecerá exposta ao público ata o día 16 en horario de 10,00 a 12,00 toda a semana e tamén de 18,00 a 21,00 horas de luns a venres.

A presentación desta exposición tivo lugar esta mañá na Casa do Concello, onde os dous pintores estiveron acompañados polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, quen animou á veciñanza e visitantes a “redescubrir” a arte que emana dos seus cadros.

Un total de 40 pinturas conforman a mostra de Calvo, dominadas pola expresión en figuras xeométricas que “representan o mandala ou punto de equilibrio e relaxación da doctrina budista”, según apuntou o artista. Pola súa banda, Moleiro explicou que “eu non son un pintor, mais ben son un creador, e trasmito a enerxía que nace en min ao pastel, óleo ou acrílico, e é a xente a que terá a capacidade de interpretar os meus cadros”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------