A Deputación de Ourense e AJE estudan liñas de colaboración para colaborar coa mocidade emprendedora

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 3 de xuño de 2025.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado pola vicepresidenta da institución provincial, Marta Nóvoa, mantivo un encontro de traballo coa directiva da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE), encabezada pola súa presidenta, Noelia Rodríguez.

Luis Menor valorou a reunión como “moi satisfactoria”, subliñando a capacidade de xeración iniciativas empresariais por parte das persoas asociadas a AJE e a aposta da directiva por poñer en valor o emprendemento en feminino. “Puxemos sobre a mesa liñas de traballo comúns que temos perfectamente claras para contribuír ao crecemento da asociación”, asegurou o presidente provincial.

Noelia Rodríguez, pola súa banda, expresouse nos mesmos termos cualificando esta reunión como “un encontro moi produtivo”. Agradeceu ademais ao presidente da Deputación a súa disposición a profundar en temas que poden abrir novas canles de colaboración institucional con AJE, “moi necesarias para seguir avanzando nos nosos obxectivos”.