Unha extensa e variada programación converte a Seixalbo nun referente cultural do rural de Galicia.
A Asociación Veciñal San Breixo de SEIXALBO conta na actualidade con cerca de 500 socios e socias, o que permite manter as actividades lúdico-festivas estacionais de Nadal, Entroido, Samaín e Magostos, así como o propio programa clásico de verán.
O principal grupo de actividades que organiza á AVV ao longo de cada ano é, sen dúbida, o VERÁN CULTURAL, evento que se realiza de xeito ininterrompido desde 1987, hai 38 anos, onde se iniciara como Semana Cultural e que, desde a edición número 30 pasou a denominarse Mes Cultural, xa que as actividades pasaron a desenvolverse durante todo o mes de setembro.
A partir da edición número 37 en 2024 redefinimos o proxecto pola alta demanda de actividades que solicitaban os participantes, ampliando o calendario durante os meses de XUÑO, XULLO, AGOSTO e SETEMBRO, flexibilizando as datas e tamén na procura de ter máis marxe de manobra no caso de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a cambio de datas, xa que a gran maioría das actividades desenvólvense ao aire libre.
Debemos ter presente que na última semana de xuño tamén se desenvolve en Seixalbo un evento de gran transcendencia e repercusión social, a FESTA DOS FOROS, organizada conxuntamente pola Agrupación Cultural AGROMADAS e a Comisión da FESTA dos FOROS polo que, a simbiose entre esta xa consolidada festa máis o VERÁN CULTURAL que organiza a Asociación Veciñal San Breixo converten a Seixalbo nun referente cultural do rural de Galicia, e tamén nunha mostra de colaboración entre as distintas entidades sociais deste singular barrio do concello de Ourense.
Como poderá comprobarse no programa detallado, tentamos basearnos nas inquedanzas e necesidades existentes na veciñanza, que pretendemos variar e mellorar en cada edición.
As distintas accións e actividades que se irán realizando, garanten a participación tanto individual como colectiva da cidadanía, querendo destacar o esforzo económico dos propios socios e socias que cada ano, coas súas cotas, permiten manter viva esta Asociación fundada o 23 de xuño de 1979 e realizando este programa aberto á toda a cidade de Ourense.
A programación conta con contidos e metodoloxías socio-educativas e que, ademais, van dirixidos a todos os segmentos de poboación, con actividades dirixidas especificamente a maiores, nenos e nenas e, singularmente, a colectivos moi vulnerables como é a poboación migrante.
Unha vez máis, os elementos de referencia están ligados á música, que inaugura e clausura este Verán Cultural e tamén a danza, así como o teatro, que inclúe a xa clásica representación teatral escrita, dirixida e representada por veciños e veciñas da vila que fan escasas as 350 prazas de capacidade do Auditorio ao aire libre de Penouzos.
Desde a edición anterior incorporamos no apartado deportivo o Trofeo Vila de Seixalbo de fútbol, coa necesaria e inestimable colaboración do Club Deportivo Seixalbo.
Debemos indicar tamén que a AVV solicita tamén o apoio económico do concello para este programa dentro da liña en réxime de concorrencia competitiva de Subvencións a asociacións de veciños para o funcionamento e realización de programas ou actividades a favor do asociacionismo veciñal e da participación cidadá.
A dedicación plena da Directiva veciñal, así como un importante número de colaboracións desinteresadas, permiten a realización deste ambicioso programa que indicamos nas páxinas seguintes.
PROGRAMA
| Sábado 7 de xuño | |
| 22:00h | Auditorio de Penouzos |
| Inauguración do “SEIXALBO CULTURAL 2025” | |
| José P. Coya, Manuel Garrido, Ico Rafael, Jorge Glez. | |
| Asoc. Ourensá Esgrima Antiga, Escola Danzas DANTZARI | |
| Sábado 21 de xuño | |
| 17:00h | Parque da Infesta |
| “DÍA da RAPAZADA” | |
| Actividade Infantil | |
| Festa da escuma, xogos tradicionais | |
| Domingo 22 de xuño | |
| 13:00h | Praza das Laxas |
| “Na HONRA de SAN XOÁN” | |
| Concerto de San Xoán | |
| Banda de Música Cultural de Barbadás | |
| Luns 23 de xuño | |
| 20:00 h | Parque da Infesta |
| “A MAXIA de SAN XOÁN” | |
| Roteiro das Flores | |
| Queimada | |
| Venres 27 de xuño | |
| 22:00h | Auditorio de Penouzos. Teatro |
| (*) TEATRO FOROS | |
| Dirixida por Amelia González | |
| Organiza ASOC. CULTURAL AGROMADAS | |
| Sábado 28 de xuño | |
| 14:00 h | Prazas, Rúas e Canellas de Seixalbo |
| (*) FESTA dos FOROS | |
| Xantar Veciñal, Ruada polas Adegas e Concerto | |
| Organiza: Comisión FESTA dos FOROS | |
| Domingo 29 de xuño | |
| 20:00h | Local Veciñal de Abelardo Arce |
| (*) Premio FREIRE CARRIL | |
| Entrega premios F. Carril e Relevancia Veciñal | |
| Organiza ASOC. CULTURAL AGROMADAS | |
| (*) Nota: Estas tres actividades non están organizadas pola Asociación Veciñal.Inclúense aquí a efectos de cronograma informativo da programación estival. | |
| Venres 4 de xullo | |
| 22:00h | Auditorio de Penouzos. Teatro |
| “O FLORIDO PENSIL” de Andrés Sopeña | |
| Grupo ATURUXO. Dirección Elena Seijo | |
| Colabora: Sarabela Teatro | |
| Xoves 10 de xullo | |
| 20:30h | Local Veciñal de Abelardo Arce |
| “ALIMENTACIÓN e SAÚDE” | |
| Charla Informativa | |
| Relator : Centro Cívico da Cuña | |
| Sábado 19 de xullo | |
| 10:00h | Colexio de Penouzos |
| “Obradoiro ESGRIMA HISTÓRICA” Espada 2 mans | |
| A partir 12 anos. Aforo limitado previa inscrición | |
| Colabora: Asociación Ourensá Esgrima Antiga | |
| Venres 8 de agosto | |
| 22:00h | Auditorio de Penouzos. Cine |
| “CINE de FAMILIA “ | |
| Cine ao aire libre para todos os públicos | |
| Colabora: Cine Clube Padre Feijoo | |
| Sábado 23 de agosto | |
| 10:00h | Auditorio de Penouzos |
| “Obradoiro de BATUCADA” | |
| Obradoiro batucada. Dirección: Juan Jesús Gómez | |
| Colabora: Os Perqtores | |
| Martes 26 de agosto | |
| 10:00h | Colexio de Penouzos |
| “Obradoiro ESGRIMA HISTÓRICA” Espada 1 man | |
| A partir 12 anos. Aforo limitado previa inscrición | |
| Colabora: Asociación Ourensá Esgrima Antiga | |
| Sábado 30 de agosto | |
| 18:00h | Parque do Carqueixal. Actividade Infantil |
| “ROTEIRO AMBIENTAL” | |
| Paseo polo parque e chocolatada final | |
| Colabora Amigas das Árbores | |
| Sábado 30 de agosto | |
| 20:00h | Estadio do Carqueixal |
| “TROFEO VILA DE SEIXALBO” | |
| Encontro de Fútbol | |
| Colabora : “Club Deportivo Seixalbo” | |
| Domingo 31 de agosto | |
| 13:00h | Inauguración Exposicións no Local Veciñal |
| “O ARTE DA MOCIDADE” | |
| Ilustracións de Miguel González Lois | |
| Ilustracións de Iván Amills González | |
| Martes 2 de setembro | |
| 09:30h | Barreiros – Praza Paquita e Nicanor (saída) |
| “COÑECENDO A NOSA CONTORNA” | |
| Actividade Infantil | |
| Colabora : Centro Cívico de Seixalbo | |
| Domingo 7 de setembro | |
| 09:30h | Parque da Infesta (saída e remate) |
| “ANDAINA SOLIDARIA” | |
| Camiñar é Saúde | |
| Donativo para o Banco de Alimentos | |
| Domingo 7 de setembro | |
| 12:00h | Exposicións no Local Veciñal |
| “O ARTE DA MOCIDADE” | |
| Ilustracións de Miguel González Lois | |
| Ilustracións de Iván Amills González | |
| Sábado 13 de setembro | |
| 21:00h | Praza do Cabildo |
| “CONVIVENCIA VECIÑAL” | |
| Mostra de repostería familiar | |
| Cea de convivencia e Música para gozar | |
| Domingo 14 de setembro | |
| 12:00h | Exposicións no Local Veciñal |
| “O ARTE DA MOCIDADE” | |
| Ilustracións de Miguel González Lois | |
| Ilustracións de Iván Amills González | |
| Sábado 20 de setembro | |
| 22:00h | Auditorio de Penouzos. Teatro |
| “QUE PACIENCIA, MEU DEUS !!!” | |
| Guión e Dirección: Marisol Delgado Rodriguez | |
| Teatro : “Ese día Sae” Danza: “Seixalbo Baila” “Meigas Tribal” | |
| Domingo 21 de setembro | |
| 10:30h | Parque da Infesta (saída) |
| “CICLOTURISMO” | |
| Día da bici para toda a familia | |
| Percorrido por Seixalbo e arredores | |
| Domingo 21 de setembro | |
| 12:00h | Exposicións no Local Veciñal |
| “O ARTE DA MOCIDADE” | |
| Ilustracións de Miguel González Lois | |
| Ilustracións de Iván Amills González | |
| Venres 26 de setembro | |
| 18:00h | Praza do Cabildo |
| “CONVIVENCIA INTERCULTURAL” | |
| Convivencia entre países e distintas culturas | |
| Colabora: Fund. JuanSoñador e Perqtores | |
| Sábado 27 de setembro | |
| 19:00h | Parque da Infesta |
| “ENXEÑEIROS POR UN DÍA” | |
| Actividade Infantil | |
| Colabora: Nacho Delgado | |
| Domingo 28 de setembro | |
| 12:00h | Clausura Exposicións no Local Veciñal |
| “O ARTE DA MOCIDADE” | |
| Ilustracións de Miguel González Lois | |
| Ilustracións de Iván Amills González | |
| Domingo 28 de setembro | |
| Igrexa de San Breixo | |
| “CONCERTO DE VERÁN” | |
| Grupos Trovare e Cantigas de Seixo | |
| Colab. A.C. AGROMADAS e Parroquia Seixalbo | |
Coidemos o medio ambiente. Non imprima este documento se non é preciso
Advertencia legal: Esta mensaxe de correo electrónico vai dirixido exclusivamente ao seu destinatario e contén información confidencial cuxa divulgación non está permitida. No caso de recibir esta mensaxe de correo electrónico por erro, rogámoslle que inmediatamente nolo comunique por esta mesma vía, e informamoslle que a súa lectura, copia, divulgación ou uso, calquera que fose a súa finalidade, están prohibidos, polo que, tamén de maneira inmediata, deberá vostede proceder a súa completa eliminación, así como á de calquera documento adxunto ao mesmo.

















