As socialistas piden prudencia e unha intervención social colectiva que evite abrir as portas da nosa cidade ao odio e a violencia contra as persoas vulnerables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

–      “As e os socialistas apelamos á confianza, responsabilidade e colaboración institucional en materia de seguridade en Ourense, pero tamén á prudencia da cidadanía, dos medios de comunicación e os partidos políticos ante unha problemática que hai que afrontar entre todos e todas” afirmou Natalia González Benéitez, voceira socialista

–      “É imprescindible unha estratexia municipal que aborde a situación de senfogarismo na cidade e a reactivación de programas e servizos de promoción da saúde e prevención de adiccións municipais”, tal e como esixiu o Grupo Municipal Socialista no pasado Pleno do Concello

COMERCIAL ORCELLÓN

Ourense, 4 de xuño do 2025. Dende hai case dous anos coñecemos de primeira man a preocupación veciñal polo repunte de incidencias nos barrios de A Ponte, O Vinteún e O Pino, ao estar contacto directo e permanente coa veciñanza e coas entidades e colectivos que os representan dende o Grupo Municipal Socialista e por parte dos representantes do partido no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados.

“As e os socialistas apelamos á confianza, responsabilidade e colaboración institucional en materia de seguridade en Ourense, pero tamén á prudencia da cidadanía, dos medios de comunicación e os partidos políticos ante unha problemática que hai que afrontar entre todos e todas e evitar que se xere unha alarma social que dane os nosos barrios e que abra as portas de Ourense ao extremismo, o odio e a violencia contra as persoas máis vulnerables da nosa cidade” subliñou a voceira socialista, Natalia González Benéitez.

A preocupación e incomodidade da veciñanza é normal e xustificada e a problemática vai máis aló dunha cuestión de control, vixianza e seguridade por parte das administracións e require unha intervención social colectiva, na que o Concello de Ourense debe e ten que ter un papel fundamental.

“É imprescindible unha estratexia municipal que aborde a situación de senfogarismo na cidade e a reactivación de programas e servizos de promoción da saúde e prevención de adiccións municipais”, así o esiximos no pleno de maio deste ano no Concello de Ourense” afirma Natalia G. Benéitez e engade “despois de anos de desmantelamento dos servizos sociais municipais por parte do goberno de Jácome e Democracia Orensana. O goberno nin está nin se lle espera neste ámbito. Anteriormente xa, promovemos no pleno de setembro de 2024 unha iniciativa para abordar esta problemática dunha maneira específica a través da Xunta Local de Seguridade, onde se atopan representadas todas as institucións competentes nesta materia, ademais de implementar a súa coordinación, vixianza e actuacións nestas zonas e outros barrios de Ourense”.

Por outra banda, e directamente relacionado con isto, advertiamos o que vimos denunciando nos últimos anos tamén na cidade: o abandono total dos nosos barrios e os seus servizos básicos, que contribúen a incrementar esa preocupación e sensación de inseguridade da veciñanza no seu día a día.

Por este motivo, esixiamos ao goberno de Jácome melloras no servizo de limpeza, desbroce, iluminación e servizos básicos nos barrios da cidade, melloras que ata hoxe seguimos a agardar por desgraza.

Finalmente, “rexeitamos e condeamos calquera tipo de organización cidadá que pretenda facer xustiza polo súa conta, ou suplantar as forzas e corpos de seguridade, xa que soamente son o soporte de perigosos grupos de extrema dereita que incitan á violencia e ao odio tanto nas redes coma nas rúas e cuxo peligro e actuacións vulneran a lei e os dereitos fundamentais das persoas.” remata contundente a voceira do Grupo Municipal Socialista.

Adxuntamos audio con declaracións da voceira socialista, Natalia González Benéitez que podedes descargar no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/1DXDqiR19mLhLdB18_hHTaBTaBc4AY5gR/view?usp=sharing

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------