A veciñanza e persoas que se acheguen a Ribadavia durante este verán poderán acceder á piscina municipal “A Veronza”, que abrirá mañá, xoves día 12, as súas portas con horarios de 11,00 a 14,30 e de 16,30 a 20,45 horas.
As entradas pódense adquirir directamente na taquilla das instalacións ou a través da páxina web: www.deportesribadavia.es, e tamén solicitar os abonos que o Servizo Municipal de Deportes pon á disposición dos usuarios para toda a tempadas.
O aforo previsto para a psicina é de 244 persoas, e os usuarios deberán respetar, tanto nos vasos de baño coma na contorna, as indicacións do persoal de socorrismo. Dende o Concello ribadaviense recomendan o uso de calzado de baño personal nas zonas comuns e lembran a obriga de ducharse antes de mergullarse nos vasos, entre outras normas de conducta.
Ademais, anúnciase que o cursiño de natación para nenas e nenos dará comezo o luns 30 de xuño en horario de mañá.