A D.O. Ribeiro recoñece o labor da hostalería na promoción dos seus viños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro distinguirá este ano a Portovello (Ourense) como Mellor Taberna – Bar de Viños; Xadigal (Ourense) como Mellor Vinoteca – Tenda Especializada, e Amaragotas (Mugardos) como Mellor Servizo de Viño en Restaurante. Tres locais de hostalería que destacan por “elevar a cultura do Ribeiro achegándoo aos seus clientes”, tal e como destacou a presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, para quen os XIV Premios D.O. Ribeiro son un recoñecemento ao labor de difusión destes viños e un impulso para seguir promovendo a excelencia.

A gala celebrarase o próximo 26 de xuño, ás 19.00 horas, no restaurante A Carballeira de Santa Cruz, na localidade ourensá de Santa Cruz de Arrabaldo, e estará conducida este ano polas actrices e cómicas viguesas Arantxa Treus e Jazmín Abuín. Ambas, cunha ampla traxectoria en teatro e televisión, forman parte do elenco de El Club de la Comedia en Madrid e actualmente están de xira co seu espectáculo de humor ‘El Chou’.

COMERCIAL ORCELLÓN

PORTOVELLO. Mellor Taberna – Bar de Viños

A tapería restaurante Portovello de Ourense, do chef Gabi Conde, aposta polos produtores da terra, coidando e respectando as materias primas a través dunha cociña actual e de mercado, baseada na tradición. Un local que gusta do produto de tempada e no que teñen gran protagonismo os viños galegos, entre os que se atopan moitas referencias da D.O. Ribeiro.

XADIGAL. Mellor Vinoteca – Tenda Especializada

Xadigal é unha tenda gourmet de produtos galegos de calidade. Aberta en Ourense en 2018 e enfocada principalmente a viños e conservas, todos os seus produtos están producidos con mimo e a moi pequena escala. Ademais da propia tenda, en Xadigal tamén se organizan catas dirixidas a quen queira gozar e aprender da man dun experimentado sumiller.

AMARAGOTAS. Mellor Servizo de Viño en Restaurante

Situado no Paseo Marítimo de Mugardos (A Coruña), o restaurante Amaragotas combina na súa carta o sabor das rías galegas e o produto de alta calidade con pinceladas da cociña asturiana e brasileira. Aberto por José Antonio García Regueiro e Enidê Ribeiro da Silva, ofrece cociña de mercado acompañada por unha adega variada e de gran calidade, onde destacan os viños da D.O. Ribeiro, que fixeron deste restaurante uno dos máis visitados da zona. 

Os premios á hostalería, que celebran o coñecemento e o compromiso de quen selecciona, serve e promove os viños da D.O. Ribeiro, axudando a difundir a súa historia e as súas características, súmanse ao Premio Vida entre Vides á viticultora e ‘colleiteira’ Elisa Collarte; Premio Ribeiro en Nós á Fundación Expourense, e Premio Mellor Tarefa de Comunicación á revista dixital especializada Vinetur, ademais do Persoeiro de Honra e Premio Muller e Viño, que se darán a coñecer nos próximos días.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------