O presidente provincial subliñou que esta festa gastronómica é una das máis senlleiras da provincia, só superada por eventos como a Festa do Pulpo, o Rally de Ourense ou o Descenso do Miño
Ourense, 13 de xuño de 2025.
O presidente da Deputación, Luis Menor, participou hoxe na inauguración oficial da Festa do Peixe de Bande, que alcanza este ano a súa 54ª edición. Acompañado pola alcaldesa, Sandra Quintas, e polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o presidente provincial enxalzou a importancia da Festa do Peixe: “un evento que fai concello, que fai comarca e que fai provincia”, dixo.
Tamén subliñou Menor que esta celebración gastronómica é unha das máis senlleiras da provincia, só superada por eventos como a Festa do Pulpo, o Rally de Ourense ou o Descenso do Miño.
Ademáis de agradecer á organización polo seu traballo á hora de manter unha nova edición da festa con plena calidade, pediulle á alcaldesa de Bande “que sigan a loitar por esta tradición, que nós ocuparémonos de seguila promocionando”.