O Carballiño desfrutou esta fin de semana de teatro, lecturas dramatizadas e obradoiros co festival ‘Platta 2025’

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Festival Transfronteirizo de Teatro Amador achegou á veciñanza do Carballiño teatro, lecturas dramatizadas, coloquios e obradoiros durante a fin de semana. A iniciativa, impulsada pola Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador (Platta), reúne producións teatrais de compañías de Castela e León, Galicia e Portugal.

A programación arrincou o venres, coa representación “Vivir con Huntington”, dos galegos de Trasno. O sábado foi o turno de Catarsis Teatro de Castela e León, que presentaron “Pasaremos sin nombres a la historia” diante do público. O domingo, último día do festival, houbo lecturas dramatizadas e posterior charla coloquio con Luis Bartolomé Herrero, autor dos textos.

A veciñanza tamén gozou do obradoiro Clown con Fran Rei, paiaso e fundador do Festival Internacional de Clown de Galicia. Trala entrega de diplomas, o público desfrutou da peza “Mendigos”, da compañía Duplaface Companhia Das Artes, en representación de Portugal.