O festival enomusical ‘Ribeiro Son de Viño’ cumpre 12 anos o vindeiro 12 de xullo en San Vicente do Mar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro organizou unha completa xornada para celebrar a edición número 12 do xa coñecido festival enomusical ‘Ribeiro Son de Viño’. O evento, que inclúe concertos de recoñecidos artistas do horizonte musical combinados con degustacións de viño, celebrarase o sábado 12 de xullo no entorno paradisíaco do Náutico de San Vicente do Mar, na localidade de O Grove, Pontevedra, cunha intensa cita en horario de 12,00 a 22,00 horas.

Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do festival no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense cun acto no que a presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias, desvelou todos os detalles do evento e engadiu que “este festival é unha das accións promocionales máis agardadas polo público de todas as que se organizan ao longo de todo o ano. Aqueles interesados en asistir deberán darse présa en adquirir as entradas, porque xeralmente voan”.Estivo acompañada por César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense e Francisco González, director Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta edición contará coa presenza en directo de La Habitación Roja e o seu pop-rock indie en español, tamén estará Luna Sujatovich coas súas cancións eclécticas e profundas con aires do jazz, rock alternativo e ritmos de folklore local arxentino. Delafé y las flores azules repartirán o seu “Amor”, o seu novo álbum, onde nos ofrecerán unha reflexión sobre a forza do amor de múltiples xeitos.  Poderase gozar tamén da sesión de boa música do DJ Toni B. Willish, así como do soul-funk en español da banda viguesa Tangomango.

A xornada, que terá lugar no recinto pegado á praia da Barrosa, ofrecerá aos asistentes a oportunidade de gozar de magníficas actuacións musicais en directo mentres degustan os vinos de cinco adegas: A Vilerma, Alanís, Marieta, Villanueva e Viña Costeira. O público asistente poderá adquirir o vino (por copa ou por botella) directamente nos mostradores individuais de cada unha das adegas.

As entradas, cun prezo de 17€ (máis gastos de xestión), poderanse adquirir na páxina web do Náutico de San Vicente. A venda estará limitada a un total de 400 entradas e está permitido o acceso a menores acompañados.

A organización do festival anima a participar para brindar cos mellores viños pola positividade, a boa música, e por seguir compartindo un dos plans imprescindibles do verán galego. As entradas para asistir ao festival Ribeiro Son de Viño están á venda en:

https://nautico.entradas.plus/entradas/es/entradas-musica-12-festival-ribeiro-son-de-vino