O Concello do Carballiño formulará alegacións da man da poboación afectada polo proxecto de instalación dunha liña de alta tensión

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello do Carballiño presentará nos próximos días alegacións ao proxecto de instalación dunha liña de alta tensión a través do municipio da man das veciñas e veciños afectados. Desde que a Xunta de Galicia publicou en maio a documentación relacionada con novos parques eólicos na contorna, moitas foron as queixas entre a poboación, en especial, nos núcleos de poboación máis damnificados pola liña de alta tensión, nas parroquias de Madarnás, Mudelos, A Piteira e Seoane, todas elas do municipio do Carballiño

O goberno local leva mantido desde entón diversas reunións coas asociacións veciñais para escoitar as súas preocupacións, dúbidas e demandas e elaborar unha queixa formal que inclúa a todos os afectados. De feito, o Concello carballiñés non só presentará as alegacións correspondentes ao proxecto, senon que tamén prestará asesoramento técnico á veciñanza que así o precise.

O grupo municipal de Espazo Común alertaba esta mesma semana das inquedanzas dos pobos das devanditas parroquias que se verían afectados polo paso do tendido eléctrico, á vez que demandaba do Concello do Carballiño información sobre o proxecto e a formulación das alegacions pertinentes para apoiar á veciñanza.

PUBLICIDADE