O vindeiro sábado, 5 de xullo de 2025, ás 11:45 horas, celebrarase un acto público no Museo dá Limia (Vilar de Santos, Ourense) para conmemorar o 80 aniversario da fundación de Gasosas Berardo Méndez, unha emblemática bebida da comarca de Sandiás.
O evento incluirá unha conversa na taberna con destacados invitados:
Xavier Feijóo (neto de Berardo Méndez).
Miro M. Cerredelo (historiador).
Manolo Cerredelo (distribuidor de bebidas).
Jorge Pulido (coleccionista de botellas de gasosas).
Os asistentes poderán gozar dun convite con viño e gasosa, revivindo a tradición desta bebida histórica.
Organización:
Lugar: Museo dá Limia, Vilar de Santos.
Data: 5 de xullo de 2025.
Hora: 11:45.
Este acto é unha oportunidade única para coñecer a historia e o legado das gasosas na Limia, así como para compartir recordos e anécdotas nun ambiente festivo.
NOTA ENVIADA POLO MUSEO DA LIMIA
O MUSEO DA LIMIA ACOLLE UN ACTO PÚBLICO POLO 80 ANIVERSARIO DA FUNDACIÓN DE GASOSAS DE BERARDO MÉNDEZ (SANDIÁS)
O vindeiro sábado, 5 de xullo ás 11:45 h, o Museo da Limia (Vilar de Santos) acolle o acto titulado “Gasosas da Limia. Tributo á bebida de todos/as”, con motivo do 80 aniversario da fundación da fábrica de gasosas Berardo Méndez, de Sandiás (1945–2025).
A actividade incluirá unha Conversa na taberna, coa participación de Xavier Feijóo (neto de Berardo Méndez), Miro M. Cerredelo (historiador), Manolo Cerredelo (distribuidor de bebidas) e Jorge Pulido (coleccionista de botellas de gasosas), onde se falará sobre a importancia social, económica e cultural destas pequenas industrias no rural galego de mediados do século XX e, máis concretamente na comarca da Limia.
Durante o acto, co obxectivo de conservar e divulgar este valioso patrimonio industrial e familiar, persoas e coleccionistas (Xavier Feijóo, Jorge Pulido, Celso do Novaíño e outros), vinculados ao mundo desta bebida, doaranlle ao Museo da Limia obxectos relacionados coa fabricación artesanal de gasosas; máis concretamente, Xavier Feijóo realizará a doazón dunha máquina saturadora Barnett and Foster.
A Taberna da Trocha (Xinzo de Limia), que colabora na organizacióndo evento, convidará durante o acto a viño e gasosa, lembrando os costumes populares da época.