Espazo Común vén de denunciar que o goberno do Concello do Carballiño non abrirá neste verán o cámping municipal, “sendo a primeira vez que esto aconteza dende a súa inauguración no 2008”. Dende este grupo da oposición subliñan que “a única explicación ofrecida polo equipo do goberno municipal é que a intención é privatizar as instalacións poñéndoas en máns dunha empresa”, e consideran que “non é admisible que un dos potenciais atractivos turísticos do noso pobo, e que ano tras ano se nos foi vendendo coma un éxito absoluto de visitantes, quede sen funcionar este verán así sen máis”.
Para as concelleiras e concelleiros de Espazo Común “aínda máis incomprensible resulta a situación dos dous traballadores adscritos a esta instalación, que recibiron notificación asinada de que, para compensar o exceso horario laboral destes últimos anos, teñen libre ata maio de 2026”. Engaden que será “case un ano que estarán na súa casa cobrando e sen traballar, despois de ter sido enganados por membros do goberno que lles garantiron en numerosas ocasións que ían percibir esa compensación en diñeiro como se fai co resto de empregados municipais”.
Dende Espazo Común apuntan que “ambalasdúas circunstancias teñen que ser debidamente aclaradas á veciñanza do Carballiño, que ten dereito a saber a verdade sobre as manobras do PPSOE que nos desgoberna”. E salientan que, “incriblemente, o Concello ven de gastar 176.000 eurpos na reparación das pallozas, o que fai máis imperdoable aínda o que está a acontecer: unha nova mostra do despilfarro deste desgoberno”.