Unha cea de confraternidade anima o programa das festas da Virxe do Carme en Señorín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A parroquia carballiñesa de Señorín celebrará na vindeira fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Carme, cun amplo programa de actos de homenaxe á patrona e de actividades lúdicas e de lecer. O punto de arranque terá lugar o sábado, día 19, no novo campo da festa, ubicado nas inmediacións do local da asociación de veciños e do IES Nº1, coa apertura do bar da comisión e unha sesión de animación musical a cargo do DJ Tibu. Na mesma zona instalarase un xogo de inchables para a cativada.

COMERCIAL ORCELLÓN

E para esa mesma noite está prevista a primeira edición da ‘Cea de veciñ@s e amig@s de Señorín’, que xa ten o aforo completo. Un total de 450 comensais reuniranse dende as 22,00 horas para degustar un exquisito menú composto de empanada, lacón asado, churrasco mixto con ensalada, postre e bebidas, todo elo amenizado polo DJ Tibu. A xornada rematará dende a medianoite cunha verbena a cargo do Trío Soprano.

A mañá do domingo, día 20, amencerá cunha alborada do grupo Os Serandeiros percorrendo as rúas e prazas de Señorín. A igrexa parroquial acollerá ás 12,30 unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica do Casino do Carballiño, seguida da procesión coa Virxe do Carme. A charanga Xuntanza terá ao seu cargo a animación no bar da comisión antes da hora do xantar. Xa pola noite, o Trío Xtra abrirá o baile dende as 22,30 horas, nunha velada na que tamén terá protagonismo a Orquestra Principal.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------