Os viños da D.O. Ribeiro triunfaron na mostra celebrada esta fin de semana no Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Concellería de Turismo organizou nesta pasada fin de semana a ‘II Mostra de Viño do Carballiño’, unha posta en valor da vitivinicultura e do traballo realizado polas adegas das comarcas do Carballiño e do Ribeiro. A iniciativa, impulsada por primeira vez no 2024, gaña peso nesta segunda edición, xa que o número de adegas aumentouse ata as nove, todas elas da Denominación de Orixe Ribeiro.

Así, a feira desenvolveuse na Praza Maior do Carballiño durante o sábado e o domingo, coa presenza das adegas Casal de Armán, Viña Costeira, Adega do Eladio, Outeiro de Barra, Eulogio Collarte, Pazo Tizón, Eduardo Bravo, Viña Carpazal e Adega Cotarelo, de xeito que cada unha delas presentou seus mellores viños, que veciños e visitantes tiveron a oportunidade de degustar durante as dúas xornadas.

Na inauguración do evento participaron o alcalde en funcións, José Castro; os concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández; o alcalde de Ribadavia e vicepresidente da Deputación, César Fernández; a presidenta do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, Concha Iglesias; a secretaria da Ruta do Viño do Ribeiro, Mary Luz Expósito; o parlamentario Argimiro Marnotes, e a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, entre outros.

“Estamos moi satisfeitos do resultado, evidentemente sempre se pode mellorar e seguiremos traballando para que siga crecendo e mellorando”, asegurou o propio Manuel Dacal. Nesa liña, avanzou que o Concello quere reforzar a posta de cara ao próximo ano e consolidar así esta cita enoturística no marco da programación da Festa do Pulpo. “Queremos que a xente saiba que O Carballiño é moito máis que gastronomía”, apuntou o edil.

A II Mostra de Viño do Carballiño abríu as súas portas o sábado, ás 12,00 horas, coa actuación da agrupación folclórica tradicional ‘Pola bica baila o can’, e pechou á medianoite, despois da animación do grupo ‘Tres Pesos’ será o encargado de poñer a ambientación musical. Xa o domingo, o recinto reabríuse ao mediodía coa actuación de Perrito Piloto, rexistrando unha gran afluencia ata a clausura, contando coa aportación musical dos ‘Amigos do Acordeón Terras de Celanova’.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------