Aberto o prazo de inscricións para a “15K CarrEnviareira Nocturna de Ourense”

Volve a proba “15K Nocturna de Ourense Banco Mediolanum” o vindeiro 23 de outubro a nosa cidade e os interesados en participar poderán inscribirse nela ata cubrir as 500 prazas dispoñibles que se adaptarán ao protocolo COVID vixente na data. A proba, organizada por Noko 360, conta co apoio do Inorde, do Concello de Ourense, e entidades privadas como Gadis ou o Centro Comercial Ponte Vella.

Publicidade

O percorrido da proba terá a súa saída na emblemática ponte Romana de Ourense e a chegada será no Centro Comercial Ponte Vella, cun trazado que discorre pola súa maior parte polo paseo do Miño.

A proba ten carácter solidario e, por elo, doarase un euro de cada corredor inscrito á Fundación Juan Soñador, que axuda aos nenos e mozos máis desfavorecidos a unha mellor reinserción social e laboral. Así mesmo, estará aberta unha fila 0 para que calquera persoa que queira colaborar con dita causa poida facelo.

As inscricións poden formalizarse a través do seguinte link: https://bit.ly/3ih9XZ5.