Este venres 8 de agosto ás 20:00 horas, a librería Escolma, situada na Rúa Mosquera 44 (Praza de Pardo Bazán) de O Carballiño, acollerá a presentación do libro “AS FOTOS DE LOLA” con 121 fotos a cor entre 1983 e 2024, moitas restauradas e dixitalizadas para o libro. Memória histórica e tamén memoria emotiva. O evento contará coa participación de destacadas personalidades do ámbito cultural e xornalístico de Galicia.
Interveñen:
Raquel Domínguez: Xornalista e presentadora de Televisión de Galicia.
Francisco Fumega: Alcalde de O Carballino.
Manuel Blanco: Presidente da Asociación Fotográfica O Potiños.
Miguel Anxo Fernández: Escritor.

“AS FOTOS DE LOLA” promete ser unha obra que combina a narración coa arte fotográfica, ofrecendo unha visión única e persoal da realidade a través das imaxes. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer de primeira man os detalles da obra e interactuar cos participantes.
O acto está dirixido a todos os públicos e a entrada será libre ata completar o aforo.