Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia exhiben a súa paixón polo folclore fronte a un público entregado na noite de Maceda

Maceda recibíu hoxe os ritmos e as danzas que contan as tradicións e a historia dos pobos asentados en Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia. O público asistente tivo a oportunidade de disfrutar dunha ocasión única para descubrir outras culturas, baixo o nexo común da paixón polo folclore. A cita tivo lugar esta noite na Rúa do Toural.

Este ano producíuse ademais un especial reencontro. Case vinte anos despois da súa última participación, o grupo irlandés Royal Tara Dance Academy volve de novo ás Xornadas de Folclore. A agrupación foi creada a finais dos 70 en Antrim, localidade próxima ao oeste de Belfast. Xurdiu como unha escola de baile irlandés tradicional e contemporáneo, coa intención de transmitir ás novas xeracións o orgullo por unha das manifestacións culturais máis significativas de Irlanda, a súa música e baile.

A súa profesionalidade e compromiso coa tradición fixo que ampliara a súa influencia coa apertura de delegacións en outras catro localidades da contorna. O grupo irlandés ten recibido numerosos premios e o mundialmente recoñecido espectáculo Riverdance conta cun gran número de bailaríns formados nesta Academia.

As Xornadas de Folclore están organizadas pola  Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

Mañá, 14 de agosto:  Verín e O Barco

Os seis países participantes nesta nova edición das Xornadas continúan mañá a súa viaxe pola provincia ourensá. Arxentina, Filipinas e Ucraína actuarán no Parque Preguiza de Verín, ás 22,30 horas

O Parque do Malecón de O Barco recibirá aos compoñentes das agrupacións procedentes de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia.  A cita será ás 22,30 horas.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------