Charla do xeólogo Eduardo González no centro de interpretación da Lagoa de Antela sobre a xeoloxía da conca sedimentaria da Limia e a súa influencia nas augas subterráneas

O venres pasado 15 de Agosto ás 20.30 h no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela no Concello de Sandiás, o xeólogo Eduardo González Clavijo impartiu unha charla sobre a “Breve historia xeolóxica da conca nsedimentaria da Limia e como a xeoloxía inflúe nas augas subterráneas da zona”. Grazas ás 15 persoas participantes na charla.

Presentou a sesión o coordinador do Centro de Interpretación e concellerio de cultura Pepe Gándara.  Resaltou a función divulgadora do Centro buscando nas visitas guiadas un discurso didáctico actualizado e enriquecido, fruto das transferencias de coñecemento de institucións e especialistas. A “Casa da Lagoa” deulle prevalencia sempre a xeografía, bioloxía, etnografía e historia e cumpríalle destacar a perspectiva xeográfica. Así se fixo coa visita guiada do “Hidrogeolodía” no pasado mes de marzo con medio centro de persoas asistente e neste acto cunha aproximación a conca da Limia.

Eduardo, dun xeito moi didáctico a pesar do tema complexo da xeoloxía, falounos do tempo xeolóxico,  de cando se formaron as rocas que atopamos fai uns 300 millóns de anos, mentres que o relevo actual e os sedimentos que enchen a zona comezaron a formarse fai uns 70 millóns de ano. Así mesmo indicou ou proceso de formación do chan da antiga Lagoa de Antela e da composición e permeabilidade media dos devanditos chans, asunto que explicou cun experimento práctico feito con arxila e area. Aproveitou todas as indicacións anteriores do factor xeolóxico para comprender mellor o  comportamento dos acuíferos da zona e explicar dende unha perspectiva xeolóxica como os materiais sedimenarios que enchen a conca terciaria da Limia inflúen na contaminación por materia orgánica do río Limia augas abaixo desta zona, entre outras cousas.

Eduardo González Clavijo é xeólogo e leva máis de 10 anos divulgando a xeoloxía de Galicia. Traballa para a Sociedade Xeolóxica de España e outras entidades e empresas do sector. Recentemente publicou en Baía Edicións o libro “Como se formou esta paisaxe?. Xeoloxía de Galicia“, libro divulgativo sobre a xeoloxía de Galicia.

Os asistentes puideron adquirir exemplares deste libro divulgativo no propio Centro de Interpretación da Lagoa de Antela.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------