Detido o presunto autor do incendio rexistrado o 1 de agosto en Vilardevós

A Garda Civil, no marco da operación ‘Penas Libres’, detivo a un home de 47 anos, veciño de Vilardevós, como presunto autor dun incendio forestal declarado o pasado 1 de agosto neste municipio, no que arderon un total de 578,7 hectáreas afectando a un total de sete localidades.

Durante o incendio, que non foi extinguido ata unha semana despois, dúas persoas resultaron con feridas leves e houbo que ter confinados aos veciños de dous núcleos de poboación.

O presunto pirómano foi detido ás 15,50 horas de hoxe na súa propia vivenda de Vilardevós.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------