Aprazada a Xuntanza Internacional de Gaiteiros que prevista para os días 29 e 30 de agosto en Monterrei

Debido á situación actual de emerxencia na provincia pola vaga de incendios forestais, e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización da Xuntanza Internacional de Gaiteiros decidiu aprazar este evento.

A Xuntanza Internacional de Gaiteiros estaba prevista en Monterrei para os días 29 e 30 de agosto e trátase dunha das citas culturais máis importantes da provincia, que este ano cumpriría 40 edicións, e declarada de interese turístico e cultural de Galicia.

Segundo explica o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación e organizador deste evento, Xosé Lois Foxo, a organización está a buscar novas datas para a celebración desta xuntanza coas maiores garantías de seguridade. Unha vez queden definidos os detalles da nova data, será comunicados oportunamente.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------