A Consellería do Medio Rural informa de que o longo desta noite quedou extinguido o incendio declarado no concello de San Cibrao das Viñas, parroquia de Rante, e estabilizouse o da localidade Vilardevós, parroquia de Vilar de Cervos.
Por outra banda, mantense aínda activo o incendio forestal declarado na tarde do pasado venres no concello de Carballeda de Avia, na parroquia de Vilar de Condes. Ese mesmo día rexistrouse outro no municipio de Beade, na parroquia de As Regadas. Os dous lumes uníronse nun só lume, que permanece activo e segundo as últimas estimacións achégase ás 5.000 hectáreas, parte delas nos municipios de Avión, Melón, Leiro e Ribadavia. Para a súa extinción están mobilizados tres técnicos, 65 axentes, 105 brigadas, 68 motobombas, catro pas, dúas unidades técnicas de apoio, oito helicópteros e 12 avións.