Estabilizado o incendio de Larouco, que xa afectou a 30.000 hectáreas de masa forestal

A Consellería de Medio Rural informa da situación dos lumes nas catro provincias galegas:

  • Ás 11,25 horas de hoxe sábado quedou estabilizado o incendio forestal de Larouco-Seadur, que afecta arredor de 30.000 ha.
  • Esta extinguido o incendio de Agolada-O Sexo (522,32 ha).
  • Seguen activos os lumes de Chandrexa de Queixa e Vilariño (19.000 ha afectadas, cunha evolución favorable, xa que están estabilizados os focos de Chandrexa); o de Carballeda de Valdeorras-Casaio (3.000 ha); o do concello lucense de Carballedo- A Cova (50 ha) e o do municipio pontevedrés de Vilaboa-Santa Cristina de Cobres (60 ha), no que xa está desactivada a Situación 2.
  • Están estabilizados os incendios da Mezquita-A Esculqueira (10.000 ha); Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín 17.000 ha); Carballeda de Avia e Beade (Vilar de Condes e As Regadas 4.000 ha); Vilardevós-Vilar de Cervos (900 ha); Vilardevós-Fumaces e a Trepa (100 ha); Riós-Trasestrada (20ha) e Oia-Mougás (60 ha e desactivada Situación 2).
  • Están controlados os lumes de Montederramo-Paredes (120 ha); Vilardevós-Moialde (600 ha) e Maceda (Santiso e Castro de Escuadro, con 3.500 ha).
PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------