O presidente provincial, Luis Menor, recibiu hoxe ao alcalde e tenente de alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez e Sherezade Núñez, respectivamente. Este municipio é un dos máis afectados pola vaga de lumes forestais, concretamente no ámbito das súas vivendas, onde un dos pobos, San Vicente de Leira, resultou moi afectado.
Na reunión abordáronse diferentes cuestións prioritarias como son a reconstrución derivada desta vaga, lembrando que no Consello da Xunta deste venres darase resposta global ás vivendas, empresas e colleitas. No ámbito competencial da Deputación, fixouse como cuestións importantes xa no ámbito da prevención dos arrastres, debido á gran afectación da masa forestal resultou totalmente afectada, algo que pode provocar importantes problemas de arrastres que terminen nos cauces. Tamén explicou Menor “a necesidade de coordinarnos para evitar eses arrastres, eses efectos”.
Na reunión tamén se tratou un tema fundamental, como é o de garantir o abastecemento de auga en todo momento á poboación, xa que os acuíferos resultaron afectados. “Evidentemente dentro da Deputación como titular do Consorcio de Augas de Valdeorras, garantizaremos o subministro de auga potable á poboación”, sinalou o presidente provincial.
Neste senso, Menor amosou a súa vontade de habilitar outras liñas de axudas, “coa fin de entre todos reparar na medida do posible os concellos afectados e, por outro lado, poñernos á disposición deles para calquera outra necesidade que podían ter tras resultar gravemente afectados en esta vaga de incendios.
Pola súa banda, o alcalde de Vilamartín amosou o seu agradecemento ao presidente provincial pola súa disposición a colaborar, “e por atender as nosas demandas que nos preocupan, especialmente o tema dos posibles arrastres e de que os núcleos non queden sen auga”. Neste senso tamén se referiu á estrada de San Vicente, de titularidade provincial, para a que pediu axuda da Deputación “para darlle unha entrada digna a este pobo”
Tamén lle pediu o alcalde de Vilamartín ao presidente provincial a súa interlocución ante outras institucións, como a autonómica ou a estatal, “pois temos que poñer todo sentido común para que estas cousas non sigan acontecendo e que entre todos sexamos capaces de solucionar este problema”.