A comunidade do Carballiño despide con profundo agarimo e respecto a un dos seus veciños máis queridos e lonxevos, Benigno Pérez Santamaría “Mybe”, quen nos deixou á venerable idade de 104 anos.
Con el non só márchase unha vida centenaria chea de historia, senón un piar da vida comercial e social da vila. Durante décadas, o seu nome estivo indisolublemente ligado á Droguería Mybe, un establecemento que rexentou primeiro xunto ao seu socio Miguel Adán e que despois se converteu no seu legado en solitario. Detrás do seu mostrador, Benigno foi testemuña e partícipe do devir diario de xeracións de carballiñeses, sendo lembrado pola súa amabilidade e dedicación.
A súa figura foi unha das últimas que mantiña vivo o recordo dunha época dourada do comercio local, sendo un dos últimos comerciantes que xa nos anos 60 tiña negocio na céntrica rúa Rosalía de Castro, arteria comercial e corazón da vila.
Pero a historia de Benigno non só escribiuse entre as paredes da súa droguería. Na súa mocidade, calzó as botas como medio centro no Deportivo da Coruña, vestindo a camiseta branquiazul con honra. Esa paixón polo fútbol nunca o abandonou e traduciuna nun xeneroso apoio ao deporte local, sufragando durante anos o vestiario do equipo do seu corazón, o Sporting Club Carballiño, asegurándose de que os mozos deportistas lucisen con orgullo o seu equipamento.
Benigno Pérez “Mybe” encarnaba os valores do traballo, a constancia e o amor polo seu pobo. A súa extraordinaria lonxevidade permitiulle ser un auténtico legado vivo, unha ponte entre o pasado e o presente.
O Carballiño perde a unha das súas memorias máis prezadas, pero o seu legado perdura en cada recordo, en cada anécdota e no corazón de todos os que tiveron o privilexio de coñecelo.
Descanse en paz.
PUBLICADO EN BADALNOVAS no artigo: “O Carballiño: A rúa Rosalía de Castro nos anos 60. Comercios e profesionales”
DROGUERÍA MYBE
A Droguería MYBE créana en sociedade BENIGNO PÉREZ SANTAMARÍA e MIGUEL ADÁN
.png)



Pero é Benigno o que se fai cargo do establecemento

Tiña como dependentes entón a José Macarrías e Ernesto Presas


Benigno xogou na súa mocidade no Deportivo da Coruña como medio centro, razón pola que sufragaba o vestiario dos xogadores do equipo de Carballiño, o Sporting Club

